...

Índice utilizado para describir turbas e para clasificar horizontes hísticos a partir do grao de descomposición das fibras vexetais. Determínase mediante un ensaio de campo que consiste en comprimir unha mostra na man e observar a cor do líquido que escorre. Estableceuse unha escala de 1 a 10. Os valores baixos indican que a turba está pouco descomposta, en cuxo caso o líquido que escorre é transparente; mentres que cunha turba totalmente descomposta, na que non hai estruturas vexetais aparentes, o material flúe entre os dedos sen auga separada, como se se tratara de lama.