Índice utilizado para caracterizar materiais orgánicos de solos orgánicos. Consiste en poñer en contacto unha mostra do material cunha disolución de pirofosfato de sodio (Na4 P2 O7), para logo embeber un papel cromatográfico coa mestura e determinar a cor resultante cunha táboa Munsell.