Índice utilizado para estimar o risco de carencia de ferro asimilable e de que se induza clorose férrica. Depende das características do solo (contido de calcaria activa) e da sensibilidade da planta á carencia de ferro. Determínase, xeralmente, utilizando a relación entre o contido de calacaria activa (método de Drouineau, 1959) e o contido de ferro extraído con oxalato de amonio, (NH4)2 C2 O4, expresado en miligramos por quilogramo (mg kg−1), ao cadrado. Foi proposto por Juste e Pouget en 1972 a partir de estudos do cultivo da vide. Represéntase IPC e é adimensional. En ocasións, tamén se determina como a relación entre o contido de calcaria activa e o contido de ferro extraido con ácido etilendiaminotraacético (EDTA) ou con DTPA, o que supón considerar que o ferro extraído é o dispoñible para a planta.