Densidade de fluxo máximo de auga que é capaz de absorber o solo a través da súa superficie cando recibe unha choiva abundante ou está recuberto por unha lámina de auga (en réxime de saturación da superficie, sen limitación de achega de auga). Depende da condutividade hidráulica, a textura, a estrutura do solo, así como do contido de auga inicial no solo e do tempo que fai que a auga está a se infiltrar.