...

Infiltración que ten lugar en condicións tales que a velocidade de infiltración practicamente non varía, o que ocorre transcorrido un certo período de tempo, a partir do cal se orixinará unha zona de saturación inmediatamente debaixo da superficie do solo, na que non hai cambios no contido de auga. O tempo necesario para acadar o réxime estacionario dependerá da condutividade hidráulica, da estabilidade dos poros e das características dos distintos horizontes do solo. Pódese describir por medio da lei de Darcy-Buckingham.