Isoterma que indica unha saturación progresiva da fase sólida. A relación entre a concentración dos compostos que permanecen en disolución ou en fase gasosa e os adsorbidos no sólido diminúe cando aumenta a concentración, e se expresa en forma de curva cóncava que indica unha saturación progresiva do adsorbente. As curvas de tipo L indican que o sólido ten unha alta afinidade polo soluto.