...

Encimas pertencentes ao grupo das oxidorreductases multicobre caracterizadas por posuír átomos de cobre no seu centro activo, o que lles confire a súa cor azul. Catalizan a oxidación monoelectrónica dunha gran variedade de substancias fenólicas e aminas aromáticas co osíxeno molecular como aceptador final de electróns.

Son abundantes nas plantas, bacterias e fungos. Está presente en Ascomycetes, Deuteromycetes e Basidiomycetes e abunda en fungos da podremia branca que degradan a lignina (ligninólise). A súa capacidade para oxidar compostos fenólicos e non fenólicos, así como contaminantes ambientais altamente recalcitrantes, fai que poidan ser utilizadas con fins biotecnolóxicos e/ou medio ambientais.