...

Límite de consistencia. Nos límites de Atterberg, refírese ao contido de humidade mínimo dun corpo de solo saturado, por debaixo do cal unha diminución do contido de humidade non comporta xa unha diminución proporcional do volume de solo. É o límite de consistencia (contido de humidade) que separa o estado semisólido dun solo (poros totalmente cheos de auga) do estado sólido. Corresponde á humidade de entrada de aire nos poros.

Proporciona información acerca da estrutura do solo, xa que unha estrutura dispersa adoita dar valores baixos do límite, mentres que unha estrutura floculada dá valores elevados. Pódese estimar a partir do gráfico de plasticidade ou determinarse analiticamente: LC = w0Dw, sendo w0 o contido de humidade co solo en consistencia líquida e Dw a variación do contido de humidade durante a retracción.