...

Estado do solo no que atinxe ao seu contido de humidade, cando a cohesión e o rozamento interno chegan a ser mínimos, o que corresponde ao limiar entre a consistencia líquida e a consistencia plástica. Exprésase en termos de porcentaxe do contido gravimétrico de humidade que corresponde á humidade mínima requirida para que o solo flúa pola acción do seu propio peso, cando se axita dunha forma estandarizada utilizando a culler de Casagrande. Represéntase por θL ou wl. Aumenta considerablemente co contido de arxila e de materia orgánica.