Microrrelevo que corresponde a unha depresión suave de gran extensión nunha chaira das marismas. Nela acumúlase auga e no verán pódese chegar a secar, co que precipita o sal disolto na auga e fórmase unha costra salina que luce (resplandece), aparencia da que deriva o seu nome, e que da lugar a espellismos. Está desprovista de vexetación e serve de refuxio a aves migratorias. Son característicos das Marismas de Doñana (España).