Instrumento utilizado para medir a presión nun fluído. Consiste nun tubo en U, unha de cuxas ramas está conectada ao recipiente cuxa presión se quere medir, mentres que a outra está aberta e, por tanto, a presión atmosférica. O líquido manométrico é auga que, por ter unha densidade igual a 1 g cm-3, rexistra con maior precisión as presións baixas. Un tensiómetro permite medir a carga de presión (potencial matricial) nun solo non saturado, xa que a succión de auga por parte do solo a través dunha célula porosa crea unha depresión, que se traducirá nun cambio no nivel da auga na columna manométrica.