...

Fracción da materia orgánica do solo (MOS) integrada por compoñentes solubles en auga. Está formada por compostos lábiles e facilmente biodegradables.

A súa importancia reside en que: 1) é un parámetro que da unha idea do carbono máis facilmente utilizable polos microorganismos heterótrofos do solo; 2) pode aumentar a solubilidade e biodispoñibilidade de micronutrientes; 3) pode actuar de transportador de contaminantes; 4) no caso de augas de escoamento de turbeiras ácidas, que liberan materia orgánica soluble, deberá ser eliminada previamente á distribución da auga para o consumo humano.