...

Parámetro que expresa a lonxitude de onda dominante na radiación reflectida. No código de Munsell, o matiz desígnase por medio dunha ou dúas letras maiúsculas: R (vermello), YR (vermello amarelado), Y (amarelo), GY (amarelo verdoso), G (verde), BG (verde azulado), B (azul), PB (azul púrpura), P (púrpura), e vén indicado na parte superior da páxina. Os matices máis comúns nos solos van do vermello (R) ao amarelo (Y); mentres que os solos con caracteres gleicos teñen cores verdes (G) e verde azuladas (BG). Nunha táboa de Munsell, cada páxina corresponde a un semiplano de sólido de cor, o que equivale a un nivel de matiz distinto.