...

Determinación da biomasa microbiana do solo.

Os métodos máis amplamente utilizados son: 1) método de fumigación-extracción con cloroformo; 2) método de fumigación-incubación; 3) método de respiración inducida por substrato (SIR, das súas siglas en inglés Substatre Induced Respiration); e 4) método do ATP. O método de fumigación-extracción tamén permite determinar o nitróxeno e o fósforo asociados á biomasa microbiana (Nmic e Pmic, respectivamente).

A biomasa microbiana estímase a partir do carbono asociado ao compoñente microbiolóxico vivo, que constitúe o denominado carbono microbiano. Represéntase por Cmic e supón entre un 1 e un 10 % do carbono orgánico total do solo, Corg. Adoítase correlacionar positivamente co contido de materia orgánica do solo (MOS), e é inferior nos solos cultivados que nos solos de bosque.