Unidade de medida da apertura ou luz das peneiras segundo a norma da ASTM, que se refire ao tamaño mínimo de partícula que será retida pola peneira. O número de mesh dunha malla indica o número de arames por polgada. Canto maior é o número de mesh, máis finos son os arames e máis fina a abertura da malla (luz da peneira). Unha peneira de 10 mesh é aquela que ten 10 arames por polgada (9 aberturas), o que equivale a unha luz de malla de 2 mm, tendo en conta o diámetro dos arames. Unha peneira de 300 mesh corresponde a unha abertura de 50 μm, límite superior do limo groso (limo segundo o USDA). Adóitase utilizar como norma na comercialización de peneiras estandarizadas.