Meteorización consistente na desintegración de unha rocha en fragmentos e en diferentes resistatos, sen que os produtos resultantes teñan experimentado cambios químicos ou mineralóxicos significativos. Os procesos de meteorización deste tipo poden ser debidos a tensións dentro da rocha (procesos endocinéticos) por efectos de descarga, a cambios alternantes de temperatura (termoclastia), ou a forzas externas á rocha (procesos exocinéticos) debidas a secuencias de xeo-desxeo (cristalización de auga intersticial), pola cristalización de sales en poros da rocha (haloclastia), polo crecemento de raíces, polo efecto mecánico da fauna do solo e por abrasión polo vento, entre outros. Facilita a meteorización química xa que, ao fragmentarse a rocha, aumenta a superficie de ataque.