...

Método de referencia internacional para determinar o fósforo que se considera asimilable nun solo, especialmente nos solos básicos. Consiste nunha extracción cunha disolución de hidroxenocarbonato de sodio (NaHCO3) 0,5 µ a pH 8,2 a 20 °C. O fósforo extraído determínase espectrofotométricamente a 882 nm tras engadir unha disolución de molibdato de amonio, (NH4) 2Mo O4, amortecida, que dá lugar á formación dun complexo de cor azul.