Procedemento para medir a condutividade hidráulica en solos saturados, con capa freática accesible. Consiste en practicar por medio dunha barrena un burato cilíndrico no solo. Espérase a que se estabilice o nivel da capa freática para determinar exactamente a súa profundidade por debaixo da superficie do solo. A continuación, bombéase auga para crear unha depresión e tómanse sucesivas medidas do ascenso do nivel da auga ao longo do tempo por infiltración lateral e de fondo (en caso de non alcanzar unha capa impermeable). O radio de acción limítase a uns 30 e 50 cm. É uno dos métodos máis empregados para estudos da drenaxe do solo.