Método de análise de minerais de arxila por difracción de raios X, que consiste en tratar a mostra con etilenglicol. Ao ser un líquido polar, en presenza de minerais de arxila expansibles, cando penetra entre as láminas dos minerais de arxila fai aumentar a distancia basal, ata un valor característico. A falta de resposta a este tratamento por parte dos minerais de arxila non expansibles, cuxa distancia basal non se ve afectada, permite a súa identificación.