...

Método para medir a condutividade hidráulica en solos nos que a capa freática non sexa accesible. Consiste en facer un burato cilíndrico de radio r no solo cunha barrena, enchelo de auga ata unha altura h e medir cada certo tempo, ti, a altura da lámina de auga no burato, hi, (por diferenza entre h e o descenso do nivel da auga, xa que resulta máis fácil de medir).

As medidas realízanse ata que a profundidade da lámina de auga se estabiliza. Os pares de valores (hi, ti) permiten calcular os sucesivos valores da condutividade hidráulica utilizando a expresión: CH = [r/2(t2 – t1)] × [ln[(2h1 + r)/(2h2 + r)].