Translocación de elementos ou compostos entre diferentes partes do solo, como especie libre ou hidroxilada en disolución ou ben formando complexos órgano-metálicos (queluviación) ou como partículas en suspensión (iluviación) debido ao movemento da auga no solo. Polo xeral, no solo, acontece en sentido descendente, se ben pode haber unha migración inversa polo ascenso da auga con ións de sales disoltos, que se mova por capilaridade a partir dunha capa freática cando a evaporación na superficie do solo é elevada. Tamén a fauna do solo (p. ex., lombrigas e térmites) pode ser a causante do transporte de material.