Forma de humus que se forma en condicións aerobias, con características intermedias entre mull e mor. Os compostos orgánicos non están completamente humificados e caracterízase por unha unión incompleta entre a materia orgánica e a materia mineral, que da lugar a un complexo arxilo-húmico xeralmente inestable. O seu carácter ácido fai que estean colonizados por fungos e por fauna do solo ácido tolerante (enquitreidos, ácaros e colémbolos) cuxos restos fecais son facilmente recoñecibles. A relación C/N presenta valores que, de forma orientativa, se atopan entre 15 e 25.