...

Unidade do sistema internacional (SI) para medir a concentración da carga iónica dunha disolución. O milimol carga por litro (mmolc L−1) equivale ao miliequivalente por litro (meq L−1), unidade que non é do SI pero que se tiña utilizado anteriormente. Para especificar a carga do ión pódese representar tamén: mmol  (+) L−1 ou mmol (−) L−1, para catións e anións respectivamente, se ben o subíndice c é máis xenérico.