Toma de mostras que implica a mestura de mostras de aproximadamente a mesma cantidade, tomadas en diversos sitios adxacentes para formar unha mostra homoxénea. Este procedemento permite diminuír o número de mostras que se deben analizar e obter unha maior representatividade. En estudos de fertilidade de solos, utilízase este procedemento tomando mostras a intervalos regulares seguindo unha liña en zigzag. Implica unha estratificación, xa que as mostras deben proceder dun campo que tivo un mesmo cultivo, no que se aplicaron as mesmas técnicas de cultivo e só se mesturan mostras tomadas a unha mesma profundidade.