Neutró de alta enerxía, entre 0,1 e 10 MeV. Prodúcense pola colisión de partículas α (núcleos de helio) emitidas por 241Am con 9Be. Dada a longa vida media do 241Am (458 anos), a densidade media de fluxo de neutróns rápidos dunha fonte AmBe é constante. Posto que os neutróns son neutros, non se ven influenciados por un campo eléctrico, pero perden enerxía por colisión con outras masas, ata que chegan ao equilibrio co medio, pasando a ser neutróns termalizados, lentos ou de baixa enerxía, que é de 1/40 eV a temperatura ambiente.