...

Proceso biolóxico de formación de N-NO3 pola acción de bacterias quimioautotróficas, bacterias que utilizan o dióxido de carbono, CO2, como fonte de carbono para o seu crecemento e arqueas. Foi descuberto polo microbiólogo ruso Sergei Winogradsky, e constitúe unha etapa importante do ciclo do nitróxeno nos solos.

As bacterias nitrificantes son organismos sensibles ás variacións medio ambientais e o seu crecemento pode ser inhibido por: 1) altas concentracións de amonio; 2) baixas temperaturas; 3) valores de pH fóra do rango entre 6,5 e 8,6; 4) baixa cantidade de osíxeno, requiren potenciais redox de 800 a 450 mV; 5) baixa humidade, xa que son moi sensibles ao estrés hídrico).