...

Número que resulta de dividir a masa do átomo ou do ion polo seu peso equivalente. O número de equivalentes dunha substancia disolta nun litro de disolución corresponde á normalidade (N) da disolución. Co uso do sistema internacional de unidades (SI), as unidades de concentración se expresan por medio da molaridade (M), número de moles de soluto por litro de disolución, ou pola molalidade (m), número de moles de soluto por quilogramo de disolvente. O número de equivalentes foi substituído polo número de moles carga (molc), que é a unidade do SI. Utilízanse os cmolc kg−1 para os ións intercambiables e os mmolc L−1 para os ións en disolución, como por exemplo, os dun extracto de pasta saturada. A equivalencia é 1 meq/100 g = 1 cmolc kg−1.