...

Organismo autótrofo que obtén a súa enerxía de reaccións de oxidación de compostos químicos inorgánicos, en tanto que a fonte de carbono é tamén inorgánica, principalmente o dióxido de carbono. Son quimiolitoautótrofas as bacterias oxidantes do xofre (Acidithiobacillus ferrooxidans) ou as bacterias nitrificantes (Nitrobacter), entre outras.