...

Aparato para medir o valor da resistencia que ofrece un solo in situ á penetración. Consta dunha varela terminada nun cono de área coñecida. O esforzo de punta ou índice de cono (qc) defínese como a forza (F) por unidade de área basal requirida para introducir o cono nun solo: qc = 4FB2, onde B é o diámetro da base do cono. Utilízase en estudos de compacidade do solo en agricultura e en estudos xeotécnicos, polo que existen diversas modalidades, desde os de peto a grandes plataformas: penetrómetro de cono estático, de cono dinámico, de cono eléctrico, de cono de rozamento, os de impacto, de resorte, entre outros. Pódense realizar medidas puntuais ou en continuo, en cuxo caso almacénanse nun ordenador.