...

Percolación da auga nun solo seco caracterizada pola existencia de vías verticais de circulación preferente descendente (dixitacións), o que dá lugar a unha fronte de humectación irregular, coas vías verticais alongadas, que avanzan a unha profundidade maior que a fronte de humectación principal. É un tipo de fluxo de derivación ou fluxo de válvula (by-pass). Prodúcese en solos cunha distribución heteroxénea da porosidade, xa sexa pola existencia de antigas raíces, ou ben en solos con pedregosidade ou en solos incendiados nos que algunhas resinas procedentes da vexetación percolasen no solo durante o incendio e se teñan depositado nalgúns poros profundos durante a fase de arrefriamento.