Equipo para medir no laboratorio a condutividade hidráulica en condicións de saturación dun solo naqueles casos nos que se prevé que o seu valor sexa moi baixo. Funciona de maneira similar aos de carga constante, permitindo unha variación continua do fluxo de auga mediante a modificación da columna de auga que actúa sobre a mostra inalterada de solo.