pH que alcanza unha suspensión en auga desmineralizada de material triturado moi fino. O seu valor está relacionado coa composición química e mineralóxica do material (rocha, mineral ou unha fracción do solo) e co comportamento fisicoquímico das novas superficies creadas no proceso de moenda. Cada especie mineral non meteorizada ten un valor característico, polo que se pode utilizar como un criterio complementario para identificar minerais de forma aproximada, e como un índice do grao de meteorización de rochas e saprolitas. Se se determina na fracción area de 0,1 a 0,2 mm, pode constituír un índice da fertilidade potencial do solo.