Proceso de percolación de auga de chuvia a través dunha masa vexetal, durante o cal a auga se enriquece en materia orgánica soluble e en elementos minerais (macronutrientes, micronutrientes e contaminantes). Estes elementos poden provir da auga da chuvia, do po atmosférico depositado na masa vexetal ou de secrecións das follas.
Ao chegar ao solo pode afectar á calidade deste na zona de goteo, así como á da auga de escoamento superficial.