Poro que existe entre os compoñentes do solo (agregados ou partículas) cando están amoreados de forma solta e cuxas caras non se acomodan entre elas. Trátase de poros equidimensionais a alongados, altamente intercomunicados e extremadamente irregulares. Forman a porosidade textural do solo. Divídense en: poros de empaquetado simple, poros de empaquetado composto e poros de empaquetado complexo. Descríbense en estudos micromorfolóxicos.