...

Volume relativo de ocos que resultan da organización das partículas entre elas (estrutura do solo), polo que se trata dunha porosidade interagregados. Pode consistir en fisuras ou poros planares, ou en poros de empaquetado composto (resultante do empaquetado de agregados non acomodados, como na estrutura granular composta). Pódese utilizar como indicador para comparar o estado de compactación de solos en sistemas de cultivo mínimo e sementeira directa ou outros, xa que é unha porosidade que varía considerablemente segundo o manexo do solo.