...

Capacidade dunha planta para producir compostos químicos con propiedades alelopáticas para outras especies.

Esta capacidade podería ser utilizada no control de plantas adventicias como, por exemplo, combinando o cultivo do trigo mouro ou sarraceno (Fagopyrum esculentum M.) contra o amaranto ou beldro (Amaranthus retroflexus L.).

A identificación de cultivares e de moléculas naturais con potencial alelopático pode ser unha vía para reducir o uso de herbicidas de síntese industrial.