Diferenza de potencial químico ou electroquímico entre dúas disolucións separadas por unha membrana semipermeable. Xérase cando hai unha diferenza de concentración a ambolos dous lados da membrana e desaparece ao igualarse as concentracións. Ten importancia en sistemas nos que hai membranas biolóxicas vivas, por exemplo, no transporte de ións dunha célula viva a outra e na absorción de nutrientes polas raíces das plantas. Calcúlase mediante a fórmula: øο − øi = (RT/nF) ln(ai/aο), onde ø é o potencial eléctrico ou electrostático, i indica dentro, e ο fora, R é a constante dos gases, T é a temperatura absoluta en kelvins n é a valencia, F F é a constante de Faraday, e a é a actividade.