Segundo a International Union of Soil Sciences (IUSS), cantidade de traballo necesario por unidade de volume de auga que debe realizarse para transferir reversible e isotermicamente unha cantidade infinitesimal de auga libre de idéntica composición que a auga do solo, desde o subestado de referencia S1 (πx, P0, T0, Zx) ao punto considerado na fase líquida do solo: subestado S2 (πx, Px, T0, Zx). O ψp < é 0 en solos non saturados e as medidas pódense realizar cun tensiómetro no campo; ψp é = 0 nunha superficie de auga libre non sometida a forzas debidas a unha matriz (estado de referencia); ψp > 0, en solos saturados de auga. O valor calcúlase a partir de lecturas piezométricas.