...

Compoñente do potencial total da auga do solo debido á influencia dun exceso de presión de gas sobre unha mostra de solo cun determinado contido de humidade. Representa a diferenza entre a presión da fase gasosa do solo e a presión atmosférica, que se toma como referencia. Exprésase como ψa ou como ψpn. En laboratorio é posible someter a mostra a aire a presión, mentres que no campo solo existe en condicións especiais, polo que en xeral a diferenza de presións adoita ser desprezable.