...

Equipo portátil para medir o potencial da auga no solo e en plantas. A mostra colócase nunha copa redonda de peche hermético de 4 cm de diámetro e 1 cm de alto. O método baséase na medida da humidade relativa da mostra dentro da cámara, cando se alcanza o equilibrio ao cabo dun certo tempo. Para a súa calibración requírense disolucións salinas saturadas. O intervalo de aplicación vai de -0,1 a -300 MPa.