Principio que establece que nunha disolución iónica, a carga total dos ións positivos debe ser igual á dos ións negativos. Os sistemas naturais deben cumprir a condición de ser electricamente neutros. Nunha disolución, a suma dos produtos carga-concentración dos catións debe ser igual á suma dos produtos carga-concentración dos anións. No caso da meteorización dunha rocha ou dun mineral, os produtos se reorganizan de forma que o sistema resultante cumpra o principio de electroneutralidade.