A nitrificación consta de dous procesos. Nunha primeira fase, nitritación, as bacterias Nitrosomonas sp. e Nitrosospira oxidan o amonio (NH4+) a nitrito (NO2–), que é o substrato que usan as bacterias Nitrobacter sp. e Nitrospira na segunda fase, nitratación, para transformar o NO2– a nitrato (NO3–).
As reaccións que teñen lugar son:
2NH4+ + 3O2 → 2NO2– + 2H2</<sub>O + 4H+ + enerxía
2NO2– + O2 → 2 NO3– + enerxía
En ambas etapas prodúcese enerxía que se destina á síntese de ATP. O nitrito, NO2–, raramente se acumula no solo en concentracións significativas e, dada a súa fitotoxicidade, é moi conveniente que así ocorra.
O N-NO3 formado, ao ser un anión soluble, é moi móbil no solo e, ao estar cargado negativamente, non pode ser adsorbido polos minerais de arxila, o que fai posible que se perda por percolación e pase ás augas de drenaxe, con posibles efectos medio ambientais non desexados (eutrofización).