...

Procesos por medio dos que se transmite enerxía térmica. Poden ter lugar por: 1) condución, modo de transferencia de enerxía térmica por propagación da calor dentro do solo por movemento molecular interno e sen movemento de materia, dado que a temperatura é unha expresión da enerxía cinética das moléculas dun corpo, a existencia de distintas temperaturas dentro dun solo provoca normalmente unha transferencia de enerxía cinética da parte máis quente á máis fría próxima, tendendo a equilibrar a distribución interna da enerxía cinética molecular, é dicir, a súa temperatura, por mero contacto de partículas;

2) convección, modo de transferencia de enerxía térmica que ten lugar polo movemento dunha masa portadora de calor, p. ex. auga a certa temperatura que se verte e infiltra nun solo inicialmente frío;

3) radiación, modo de transferencia de enerxía térmica en forma de ondas electromagnéticas.