Espesor de solo (cm) dispoñible para ser explorado polas raíces. Determina as condicións de enraizamento e a dispoñibilidade de auga, nutrientes, osíxeno e ancoraxe.
Os principais factores limitantes poden ser: contacto lítico (rocha coherente) ou paralítico (capa de gravas ou lutitas), horizonte cementado (horizonte petrocálcico), estrutura maciza grosa (horizonte hiperxípsico), capa compacta de densidade aparente elevada (sola de labor), tepetate, capa tóxica (contaminada ou salina), capa freática, entre outros.
Pode estimarse por medido dunha descrición de solos e con medidas cun penetrómetro cónico con solo húmido.