Propiedade que é directamente proporcional á cantidade de materia (masa ou volume) do sistema, como por exemplo, o volume, a masa ou a carga eléctrica neta. Nun sistema constituído por varias fases, é a suma dos valores de cada unha das fases ou dos subsistemas que o compoñen. A relación entre dúas variables extensivas dá unha variable intensiva.