Aparato utilizado en meteoroloxía para medir a humidade relativa do aire, é dicir, a relación entre a presión de vapor de auga no aire nun momento dado e a presión de vapor de auga cando o aire está saturado de humidade á mesma temperatura. O instrumento mide a diferenza entre as temperaturas rexistradas por un termómetro de bulbo húmido, recuberto cunha muselina húmida, que mide a temperatura dunha superficie evaporatoria; e un termómetro de bulbo seco, que mide a temperatura dunha superficie non evaporatoria en equilibrio térmico co aire ambiente.