...

Condición de redondo. Aplícase a aquelas partículas do solo (elementos grosos e areas) cuxa superficie presenta formas redondeadas. Se R é o radio da circunferencia máxima inscritible dentro da partícula, ri = RmiR, a diferenza entre un radio máximo ata un extremo i da partícula (Rmi) e o radio da circunferencia máxima inscritible dentro da partícula (R), o valor da redondez calcúlase como a relación entre a media dos n valores ri considerados e R, de maneira que: redondez = (1/R)Σ(ri /n). A redondez interprétase como o resultado dun transporte pola auga. En xeral, as partículas de maior tamaño non son transportadas en suspensión por unha corrente, polo que sofren unha maior abrasión, o que favorece que aumente a súa redondez. A redondez descríbese no campo por comparación coa táboa de Hodgson.