Magnitude para describir, de unha forma aproximada, a situación dinámica das dispoñibilidades de nutrientes (K+, p. ex.) para as plantas. Utilizouse na avaliación da fertilidade do solo e nas recomendacións de fertilización. Represéntase co símbolo Q/I que corresponde á relación entre o factor cantidade, Q, e o factor intensidade, I. O factor intensidade reflicte a actividade iónica dos nutrientes na fase líquida nun momento determinado, e o factor cantidade sinala a reserva total e a facilidade coa que o solo repón os nutrientes (capacidade amortecedora) a medida que a súa concentración vai diminuíndo na fase líquida ao ser absorbidos polas plantas, ao aumentar a humidade do solo ou cando se perden por lavado.