Parámetro que indica a posible influencia do ión sodio sobre as propiedades do solo. Calcúlase por medio da fórmula RAS = (Na+/([Ca2+] + [Mq2+])/2)1/2 que relaciona as concentracións dos catións (Na+, Ca2+, Mg2+) da fase líquida dun solo o dunha auga expresadas en milimols carga por litro (mmolc L−1). No caso dun solo, determínase a partir das concentracións de Na+, Ca2+ e Mg2+ dun extracto de pasta saturada. Pódese utilizar para predicir a a porcentaxe de sodio intercambiable do solo (PSI), xa que existe unha correlación entre ambolos dous índices. Tamén se utiliza como indicador da calidade da auga de rega en relación ao risco de sodificación do solo ao utilizala para a rega. Tamén se utiliza como un dos criterios de diagnóstico na definición do endopedión nátrico (SAR > 13).