...

Capacidade dun volume de solo para resistir forzas aplicadas sobre o mesmo sen se fracturar por ruptura, fragmentación ou fluxo; corresponde ao esforzo máximo que pode soportar un solo sen fracturar. Non resulta fácil de medir. En solos non saturados, a resistencia pode aumentar a medida que o solo se fai máis compacto; mentres que en solos saturados, forzas transitorias poden provocar unha perda de cohesión e mesmo unha licuefacción (tixotropía). A maneira e a taxa de actuación da forza poden influír no padrón e modo de deformación.